Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova cita con ‘48 horas para o si’, exitoso formato da TVG

Os protagonistas desta noite son Trini e Michael, dous mozos de Salvaterra de Miño // Presenta a actriz Iolanda Muiños

O exitoso programa da Televisión de Galicia (TVG) 48 horas para o si continúa achegando este martes novas historias de parellas que buscan un compromiso ou o intentan, que dubidan ou aceptan a cegas, que lamentan unha decisión e recúan e que dirán que si ou que non, facendo realidade un soño ou vivindo unha desilusión.

Os protagonistas desta semana son Trini e Michael, dous mozos de 22 e 25 anos, respectivamente, que viven en Salvaterra de Miño, levan cinco anos de relación e están prometidos desde hai uns meses. Trini foi vítima de violencia de xénero cando tiña só 16 anos e, por sorte, a súa vida deu un xiro de 180º cando coñeceu a súa actual parella, do que se namorou a primeira vista e comezou a intentar contactar a través das redes sociais.

Youtuber, cantante, compositora e ama de casa, Trini é unha muller decidida, rompedora e tradicional ao mesmo tempo, que se presentou á súa primeira cita con Michael acompañada da súa nai. Hai máis dun ano, Michael xa lle pediu matrimonio, pero, cansa de pospoñer a voda unha e outra vez, quere formalizar a súa unión de xeito inminente e que mellor forma de facelo que preparar ela mesma unha voda por sorpresa.

Para organizar todos os preparativos do casamento en 48 horas, contará coa axuda da presentadora, Iolanda Muíños, dos asesores do programa e do seu irmán, Abraham, que ademais é amigo de Michael e que acompañará durante dous días a bordo dunha autocaravana para conseguir que non falte detalle no enlace. Só falta o ansiado si, quero de Michael. Conseguirao? A resposta, esta mesma noite, nunha nova edición deste exitoso formato que presenta a actriz Iolanda Muiños.

Por outra banda, na entrega desta semana da serie documental O compás do tempo, unha ruta cultural e de ocio que cada martes permite descubrir na G2 a arte, a historia e o patrimonio de Galicia e de España nunha viaxe a través do tempo, os espectadores poderán achegarse ao mito de Don Juan, percorrendo Sevilla, Alcalá e Valladolid, o programa amosará como José Zorrilla se inspirou para construír o seu personaxe.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

14 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.