Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova iniciativa na web da D.O. Ribeira Sacra

ENOLOXÍA. O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra segue ofrecendo medios ás adegas que forman parte da súa denominación de orixen para que poidan seguir vendendo os seus viños. No mes de abril poñía en marcha a través da súa web a iniciativa Se queres un Ribeira Sacra, pídeo e esta semana lanza Pide o teu Ribeira Sacra.

A web da D.O. Ribeira Sacra inclúe agora na marxe dereita da páxina de inicio un acceso para facilitar as compras dos viños das adegas que se van inscribindo na iniciativa. De case o cento de adegas que integran a D.O. Ribeira Sacra, moitas contan nas súas páxinas web coa opción de tenda online, con esta nova opción preténdese dar a oportunidade da venda online a todas aquelas que non dispoñen deste servizo de maneira particular, á vez que se crea un escaparate no que se poden centralizar as adegas e as súas marcas.

Nesta nova tenda online na que se centralizan os viños da D.O. pódense adquirir todos os das diferentes subzonas, Amandi, Chantada, Quiroga Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Se na primeira campaña sumáronse á proposta máis dunha vintena de adegas, nesta ocasión comézase cunha decena delas, pero cada día espérase que se incorporen novas propostas. Neste inicio de campaña as adegas poñen á venda tintos e brancos, crianzas e viños de barrica. ECG

30 jun 2020 / 19:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito