Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novas aventuras do Gato Klops

Hércules de Ediciones publicou no derradeiro trimestre do ano 2021, Que mal día, Gato Klops, da creadora e ilustradora Estefanía Padullés na súa colección Novas Lecturas de Hércules.

Neste álbum ofrécense novas aventuras do xa coñecido gato Klops que volverán a atraer o lectorado ao que se dirixe a narración visual e textual. Desta volta, Klops quéixase de non poder durmir por mor duns mosquitos, de non poder sair á rúa, dos berros da avoa, que non aguanta o seu aburrimento e o manda a escorrentar os ratos; do susto que leva coa píntega que lle aparece no canto dos ratos; do disgusto polos comentarios das veciñas ante a súa cor, por quedar sen comida..., toda mala sorte que, aconsellado, pola píntega pretende cambiar. Pídelle ás estrelas unha vida máis positiva e elas concédenlla, por iso remata felizmente despois de ir comer a un restaurante coa avoa e sentir que poderá durmir ben sen mosquitos.

marta.neira@usc.es

07 feb 2022 / 00:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.