Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novas: literatura e música únense en perfecta harmonía

Logo do éxito alcanzado por Contos en cantos e Máis contos en cantos, este outono OQO Editora acaba de publicar a terceira entrega, titulada Cantos contos en cantos, cunha nova selección de trece cancións de procedencia, contidos e ritmos diversos que convidan á nenez a xogar, cantar, contar e danzar.

Nesta ocasión o volume, cun coidado traballo literario, plástico e musical, acompáñase dun CD e un DVD con vídeo en animación 2D para o karaoke, de feito que facilita o goce emocional e afectivo das historias. A selección componse dos contos: Mariluz Avestruz, Sopa verde, Os tres porquiños, Macario Dromedario, Paco Papán, Petra, Un conto cheo de lobos, Non fai falta a voz, A bruxa regañadentes, Rato Tom e Rata Tomasa, O galo traganoces, Titiritesa e A tartaruga que quería durmir. Ademais complétase con cinco cancións da colección Caracois, para iniciarse a cativada no xogo de palabras, imaxes e sons.

m.fboo@udc.es

30 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito