Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novidades de Verdemar: educar en igualdade

Ana López Quintela (Santiago de Compostela, 1997) incorpórase á Literatura Infantil e Xuvenil galega co álbum Na busca de Antón (Alvarellos, col. Verdemar). Benvida mestra comprometida e entusiasta!

Como ela dixo, “A literatura Infantil é unha das armas máis bonitas e delicadas que temos para a transmisión de valores na primeira infancia”. Sobre esa idea, montou este álbum no que reivindica que os gustos das crianzas non se deben separar polo xénero. Relata, a través de Antón, que aínda non ten un ano e non fala, toda unha gama de posibles preferencias do neno desde os trens, as fadas, unha cor entusiasta..., pero non sabemos se será futbolista ou bailarín, se quererá pintar as unllas, poñer pendentes, ter compañeiro ou compañeira de vida, ser princesa ou dragón, cociñar, poñer saia ou pantalón. Aínda que polas súas trazas creamos sabelo, tócalle a el decidir. Unha fermosa defensa da elección libre.

marta.neira@usc.es

03 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.