Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novidades Merlín: Animalario poético

O Premio Merlín de Literatura Infantil, desde a súa primeira convocatoria en 1986, achegou un monllo de obras de calidade, xa premiadas xa finalistas. É un dos premios que máis axudou á consolidación da LIX coa publicación de todas elas na emblemática colección Merlín.

Na edición de 2021 quedou finalista Animalario de ler a diario, de Eduard Velasco (Barcelona, 1982) con ilustracións de Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982). Trátase dun poemario protagonizado por animais moi diferentes, pero case todos recoñecibles. Son trinta e cinco poemas nos que se poden visualizar moitos animais que nos acompañan a diario dalgún xeito, xa que uns andan pola terra da vila, do val e da serra; outros viven no mar; outros voan polo ar das cidades, do campo e do mar; e outros, como di o poeta, son malos de clasificar. Con toda esa bichería podemos xogar de noite e de día nunha foliada ben artellada e divertida.

m.fboo@udc.es

13 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.