Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo pulo para a RAGC co ingreso en Santiago de 5 figuras relevantes

A investidura de María Soledad Soengas, Ana Cebreiro, Aníbal Ollero, Manuel J. Tello e Ángel Sanjurjo, eido da apertura do seu curso

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este martes a apertura do seu curso académico nun acto no Pazo de San Roque en Santiago coa investidura de María Soledad Soengas, Ana Cebreiro, Aníbal Ollero, Manuel J. Tello e Ángel Sanjurjo no Pazo de San Roque en Santiago. Asistiron ao evento o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio, outros membros do equipo de goberno e académicas e académicos da entidade. Ademais, contouse coa presenza de autoridades como o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio E. Abalde; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; e a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo (UVigo), Belén Rubio.

Juan Lema inaugurou coa súa intervención o curso académico “con moita ilusión en poder contribuír á promoción da ciencia ”.

O académico numerario Manuel Freire Rama ofreceu a lección maxistral O sistema inmunitario e a defensa das infeccións víricas.

O catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Santiago (USC) presentou os compoñentes do sistema inmunitario e as súas habilidades funcionais no organismo, prestando especial atención a súa capacidade para defendernos das infeccións víricas.

Describiu as características dos tecidos (médula ósea e Timo) e células inmunitarias (linfoides e mieloides). Concretou que as células inmunitarias caracterízanse por un despregue na súa membrana exterior de diversos receptores capaces de interaccionar cos elementos estraños que poidan invadir o organismo, denominados antíxenos, e que inclúen bacterias, virus, toxinas e algúns compoñentes de células cancerosas”.

Tendo en conta a situación da actual pandemia, que pon de releve a transcendencia que a defensa inmunitaria ten para vencer as infeccións víricas, Freire asegurou que é moi pertinente presentar os mecanismos mediante os que o sistema inmunitario exerce a súa habilidade para defendernos contra as infeccións, especialmente do virus da gripe e o SARS-CoV-2. Describiu as características estruturais destes virus, as súas envolturas e o seu material xenético, as peculiaridades do proceso infectivo, así como a forma na que a inmunidade innata e a adquirida proceden á eliminación destes virus, facendo referencia aos efectos perniciosos que para a saúde se derivan desta defensa antivírica.

Presentou as terapias antivíricas con fármacos antivirais e vacinas, a metodoloxía para a preparación das diversas vacinas, cunha especial atención ás vacinas anti-CoVi, así como as características da evolución da inmunidade inducida no noso organismo polas vacinas.

Intervención que foi parte dun acto onde xuntáronse en Compostela boa parte dos homes e das mulleres máis salientables agora mesmo no eido da Ciencia en Galicia.

Premios á Transferencia de Tecnoloxía Por otra banda, neste mesmo mes, a Real Academia Galega de Ciencias , coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022 coa pretensión de recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre todala cidadanía.

cita e MESTRES
Grazas

··· Ángel Sanjurjo Bermúdez sinalou: “A RAGC ten resonancia especial para min, varios dos meus profesores foron impulsores orixinais da entidade, como Vidal Abascal e Luis Iglesias; membros como Vidal Costa; e outros obxecto de homenaxe por parte da institución, como Tomás Batuecas e Ignacio Ribas”

Talento e variedade nas carreiras destes salientables profesionais
A Real Academia Galega de Ciencias engade a persoas
de moita capacidade

Santiago. Marisol Soengas, foi presentada polo académica numeraria María José Alonso. Soengas sinalou que este recoñecemento faina sentir orgullosa dobremente, “primeiro por valorar o impacto científico do traballo do seu laboratorio no campo do melanoma e, por outra parte, por proceder dunha entidade con tanto peso e tradición en Galicia. “A nena que naceu na Aldea do Monte na Agolada e pasaba os veráns na de Fonfría en Antas de Ulla, nunca podería ter imaxinado haber chegado ata a Real Academia”, confesou.

Ana Cebreiro Gómez (Ferrol, 1971) destacou a “honra, privilexio e orgullo” que supón para ela esta toma de posesión como académica correspondente, anunciada na súa presentación polo académico numerario Alberto Gago. Lembrou que xa fai unhas décadas, chegou á Facultade de Económicas e Empresariais de Santiago co obxectivo claro de prepararse para inspectora de Facenda, pero grazas a “un gran economista, profesor e amigo”, o catedrático e tamén académico da RAGC falecido en 2021, Luis Caramés, conseguiu abrir a súa mente e a súa vida a outras culturas, pensamentos e oportunidades.

Trala presentación do académico numerario Pedro Merino, Aníbal Ollero Baturone (Sevilla, 1952) comezou lembrando os seus comezos como profesor universitario na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, naquel momento adscrita á USC, facendo tamén referencia ao Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais, do que é director científico, que conta con oficinas en O Milladoiro (Ames).

Manuel J. Tello León (Corcubión, 1944), apadriñado polo académico numerario Félix Vidal. Ofreceu unha reflexión sobre a sutileza conceptual da ciencia e sobre a integración do coñecemento sensible (a ciencia) co coñecemento non sensible, tendo como punto de partida a perspectiva e o alcance do coñecemento captable. Finalmente, o presidente de Honra da RAGC, Miguel Ángel Ríos Fernández, deu paso coas súas palabras ao último ingreso da xornada coa incorporación como académico correspondente de Ángel Sanjurjo Bermúdez (Xermade, 1945). Sanjurjo agradeceu á Academia a súa elección.

22 feb 2022 / 23:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.