Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novos numerarios da Academia Galega de Belas Artes

A Real Academia Galega de Belas Artes, no seu proceso de actualización de prazas vacantes dos seus membros, e co ánimo dunha maior representatividade en todos os ámbitos en relación coa creatividade, a investigación ou a divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia, en sesión ordinaria celebrada este sábado día 27 de novembro, tras a votación regulamentaria resultaron elixidas académicas numerarias a pintora Mónica López Alonso (Mónica Alonso); a escultora María del Carmen Pérez Pereira (Pamen Pereira) e a catedrática de Historia da Arte da USC Ana Goy Diz, que pasará a formar parte da sección de Expertos nas Artes. Tamén na mesma sesión, foron elixidos como académicos de número o arqueólogo municipal del Concello de Ourense José María Eguileta Franco; o arquitecto Felipe Peña Pereda e o deseñador Roberto Verino que cubrirá a praza vacante da Sección de Artes da Imaxe.

27 nov 2021 / 20:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito