Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Ada Byron do Cpeig, para Núria Castell e Karina Gibert Oliveras

As dúas enxeñeiras en informática apostan polo fomento da presenza feminina

    Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) outorga o Premio Ada Byron da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia á doutora en Informática Núria Castell Ariño, e á catedrática Karina Gibert Oliveras, ambas da Universidade Politécnica de Cataluña-BarcelonaTech.

    Núria Castell Ariño (Hospitalet de Llobregat, 1958) licenciouse en Informática nas primeiras promocións en España na Universidade Autónoma de Barcelona, concretamente en 1981 sendo unha das 13 únicas mulleres de entre os 400 matriculados no inicio da carreira, e doutourouse na UPC en 1989.

    Foi vicedecana de Relacións Internacionais (2004-2010) e decana (2010-2017) da Facultade de Informática da UPC. É tamén a cofundadora do Centro de Investigación en Tecnologías y Aplicaciones del Lenguaje y el Habla e do Centro de Investigación de Ciencia de Datos Inteligente e Inteligencia Artificial (IDEAI).

    Karina Gibert Oliveras, de Figueres, é catedrática en Intelixencia Artificial e Ciencia de datos da Politécnica de Cataluña-BarcelonaTech (UPC). É licenciada e co doutoramento en Informática coas especialidades de Estatística Computacional e Intelixencia Artificial, sendo cofundadora e directora desde febreiro de 2021 do centro de Investigación en Intelligent Data Science and Artificial Intelligence.

    É vicedecana de presidencia para Igualdade e Ética do Colexio Oficial de Enxeñaría Informática de Cataluña. ecg

    10 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito