Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O ‘Album de Galicia’ conta xa coa primeira aviadora galega

Santiago. Elisa Patiño (Pontevedra,1890-1919), alcumada Chichana, é unha desas mulleres que no paso do século XIX ao XX, abrazan as ideas da modernidade e que, nas súas prácticas, se afastan das ideas decimonónicas asociadas ás mulleres e á feminidade”. Así define Eilún do Pazo Moa, na nova entrada do Álbum de Galicia, a quen foi a primeira aviadora galega acreditada e unha das pioneiras europeas.

Naceu e morreu en Pontevedra e tivo unha vida curta que non permitiu despregar todo o seu potencial. A nova entrada do Álbum de Galicia conta a historia dunha muller pioneira, que vivía dun xeito pouco convencional no cambio do século XIX cara ao XX. Dedicouse ao tiro con arco desde ben cativa, sorprendeu coas súas habilidades para o ciclismo pero, sobre todo, destacou pola súa faceta de aviadora.

Explica Eilún do pazo na súa entrada biográfica que “enlazou profesionalmente o seu camiño co do afamado aviador acrobático José Piñeiro, coñecido na época como “Home paxaro” ou “Rei dos aires”.

Con el aprendeu a pilotar e acompañouno en varias das súas viaxes. Na entrada conta a fazaña que ambos realizaron en 1913 cando sobrevoaron a praia de Baltar, en Portonovo, no concello pontevedrés de Sanxenxo.

A súa entrada vén acompañada dunha serie de artigos sobre as fazañas desta muller e os escasos recursos web que existen sobre a súa figura. redacción

02 feb 2022 / 15:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.