Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 30 noviembre 2021
08:23
h

O Álbum de Galicia suma a entrada da poeta de Chapela Sesé Mateo

Asina a biografía, neste proxecto dixital do Consello da Cultura, Sonia Díaz Pereiro

Santiago. No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (hoxe, 25 de novembro), o Álbum de Galicia incorpora a biografía de Sesé Mate (Chapela, 1965-2017) poeta e activista asasinada polo seu home. Ademais, a súa historia dá nome a un premio de xornalismo ético no tratamento da violencia machista, cuxa primeira edición se fallará este 2021. Asina a entrada Sonia Díaz Pereiro.

Sesé Mateo marchou a Venezuela, onde casou, tivo dous fillos e participou en asociacións de denuncia política e movementos culturais. Ao seu regreso colaborou nas movilizaciones sociais de principios de século en prol do dereito ao divorcio, ao aborto, á ocupación dos espazos públicos e ao dereito a vivir sen violencia. Participou no levantamento da fosa común na que se topaba o seu avó republicano, defendeu os dereitos das traballadoras como delegada do sindicato CIG da empresa na que traballaba, Pescanova, e era miembro da Coordinadora Feminista Donicela. Participou en escavacións arqueolóxicas e todos cantos movimentos sociais agromarona principios de século. Denunciou a violencia de xénero e morreu a mans da súa exparella en 2017. Deixou escritos uns poemas inéditos que viron a luz no segundo aniversario da súa morte. Conforman o poemario No camiño do vento, cuxa recadación foi recibida integramente polo Fondo de Becas Soledad Cazorla Prieto, de Fundación Mujeres. ECG

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito