Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Antonio Fraguas de artesanía para Rodrigo Riveiro e Buschman

Un escornabois e unha cadeira gañan os galardóns dese eido da Deputación da Coruña

Santiago. Unha cadeira elaborada por castiñeiro galego por Frank Buschmann na modalidade tradicional e un escornabois como colgante de prata, madeira e louza de J. Rodrigo Riveiro (Ferraxe de Prata) en contemporánea son os gañadores da XIII edición do Premio Antonio Fraguas de artesanía da Deputación da Coruña. Dous artesáns cunha traxectoria xa recoñecida son os gañadores na XIII edición do Premio Antonio Fraguas da Deputación da Coruña.

O xoieiro Rodrigo Riveiro e o seu proxecto Ferraxe de prata cun escornabois elaborado en prata de lei, madeira e louza na modalidade de contemporánea e a cadeira de castiñeiro galego de Frank Buschmann, ebanista afincado en Corcubión, na de tradicional son os novos premiados. O xurado estivo composto por artesáns como Carla Canedo Martínez, Idoia Cuesta, Elena Ferro , Manuel González e Carmen Villalba Caramés co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat en calidade de secretaria e os gañadores recibirán os 6.500 € por modalidade cos que está dotado un certame que, ademais, contempla a compra das obras premiadas.

Do colgante de escornabois da obra de Ferraxe de Prata, o xurado apuntou que se trata de “deseño contemporáneo que recupera un tipo de ourivería de autor, custosa e elaborada, que non foi tendencia nos últimos anos, cun discurso contemporáneo”.

Segundo sinalan na nota, no artesán hai “unha determinación de presentar un tipo de traballo insólito dentro da cerámica galega”. Destacan tamén que o escornabois, “ademais de ser estético ten unha funcionalidade, e suxire o uso da peza coma un relicario” no que consideran “unha peza única, que escapa da tendencia de industrialización da xoiería, identificación da peza coa autoría e non coa fabricación”.

En canto á cadeira de Frank Buschmann, o xurado destacou que se trata dun “traballo con técnicas de ebanistería tradicionais e factura exquisita”. Valora “a intencionalidade de recuperar unhas técnicas tradicionais de ebanistería que están decaídas xunto cun bo coñecemento das madeiras. e a aposta polas técnicas exactas e clásicas da carpintería, pero cun deseño limpo e atemporal”. ECG

21 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.