Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CCG e a Fundación Penzol acordan a dixitalización do epistolario de Otero Pedrayo

Son máis de 6.500 cartas escritas por diferentes interlocutores imprescindibles para entender a vida do escritor de Trasalba

O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación Penzol asinaron este venres un acordo para a dixitalización do epistolario do fondo Ramón Otero Pedrayo.

Son máis de 6.500 cartas escritas por diferentes interlocutores e dirixidos a Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976).

Estes documentos “son imprescindibles para entender a traxectoria persoal e intelectual do escritor de Trasalba que repousaban na Fundación Penzol en Vigo”, sinalan na nota de prensa do CCG.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga, veñen de asinar desxte seito un salientable protocolo de colaboración para a dixitalización e difusión pública dese material que ten moito valor no eido das letras galegas.

Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell e Ramón Piñeiro son os principais destinatarios de todo o arquivo persoal que se garda na Fundación Penzol.

Cartas, telegramas, tarxetas postais e borradores que repousaban espallada en preto de tres mil expedientes diferentes sen ordenar cronoloxicamente e que dan conta da longa vida de Otero.

O acordo asinado entre ambas entidades permite a súa dixitalización, etiquetaxe e posterior difusión a través dos sitios webs de ambas entidades colaboradoras.

Este acordo permitirá que a cidadanía coñeza de primeira man as cartas que Otero Pedrayo recibiu na súa casa de Trasalba e que pasaron á Fundación Penzol á morte do poligrafo.

Nelas non está a correspondencia familiar, que xa fora editara en parte pola editorial Galaxia, pero si o fondo que inclúe as cartas dos seus interlocutores que van desde Castelao, quen consideraba a Pedrayo como o seu “verdadeiro irmán”, ata as máis novas xeracións e o intelectuais portugueses. Entre elas destaca a emotiva carta persoal que Castelao lle envía a Otero Pedrayo desde Badajoz, ou, entre outras, a carta de Risco na que lle conta que Ánxel Casal comprara unha imprenta coa que comeza o seu proxecto empresarial no ámbito da edición. As cartas que se dixitalicen no marco deste proxecto, incorporaranse ás preto de trescentas misivas do polígrafo ourensá que xa están a disposición da cidadanía na páxina web do Consello da Cultura Galega a raíz da dixitalizaicón dos epistolarios doutras personalidades como Antonio Fraguas, Ricardo Carballo Calero u Lois Tobío, nomeadamente.

En 2014, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha o seu proxecto Epístola. A iniciativa inseríase no marco da Colección Arquivos Particulares, que estaba constituído por máis de 25.000 documentos (cartas, postais, tarxetas de visita, manifestos, apuntamentos...) orixinais ou copias. O proxecto, que segue criterios arquivísticos, naceu para ofrecer á cidadanía a correspondencia de figuras senlleiras da nosa cultura. Posibilítase así un mellor coñecemento de remitentes e de destinatarios, ao tempo que se abren novas perspectivas de coñecemento sobre a época da escritura e os seus contextos, e facilita a comprobación de datos e de circunstancias.

No marco desta iniciativa púxose en rede unha importante colección de arquivos persoais, que arrincou con Luís Seoane e se incorporou con Valentín Paz-Andrade, Lois Tobío, Carballo Calero, Antonio Fraguas, Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro, entre outras figuras.

27 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.