Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O coñecido ‘Showman’ King África revoluciona esta noite o ‘Tunai Show’

‘A Revista’ tamén trae actualidade, vinculada ca Guerra de Ucraína
e o aumento dos TCA

Este xoves chega a auténtica revolución, un auténtico showman, o artista coñecido como King África! O equipo do Land Rober Tunai Show porao a proba en Dando a nota, porque ninguén coma el para descubrir o talento que hai en Galicia en tema de dúos e tríos musicais.

O público tamén será protagonista nunha nova entrega de Casados ou divorciados. Por outra parte, volve Dosinda, desta vez anda un pouco enfadada porque non lle dan ingresado a axuda...

Isto e máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, a partir das 22.00 horas, na Televisión de Galicia.

A REVISTA’ conectará hoxe, en directo, desde Cerceda, con Marcial Grela, presidente da Asociación de Panadeiros, para coñecer como foi a posta en marcha onte da nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego, por parte dun total de 44 establecementos galegos, cun pan de trigo elaborado de forma tradicional por 14 panaderías da provincia Coruña.

No estudio, a presentadora Loly Gómez conversará coa psicóloga e presidenta da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra, Ana Rodríguez, do importante incremento destes trastornos alimentarios -TCA- na xente nova o pasado ano.

O magazine interesarase pola situación que se vive en Ucraína, en conversa co analista político José Manuel Estévez Sáa, cunha muller ucraína e cunha nai de acollida. REDACCIÓN

10 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.