Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O consumo de alcol sitúase preferentemente en festas e reunións

Unha enquisa na que participaron 175 persoas maiores de 18 anos (dos cales 124 eran mulleres, 49 homes e 2 preferiron non contestar), tanto de Galicia como de fóra desta e de diferentes rangos de idade puxo de manifesto que a situación pandémica empurrounos a diminuír o consumo de alcol, xa que se trata dun fenómeno eminentemente social como se demostra na estampa diaria das terrazas de calquera cidade galega. Ademais, os continuos peches da hostalería e as restricións de reunións non favoreceron a un aumento do consumo de bebidas alcólicas, xa que como afirmaba un dos enquisados que pensaba que “diminuíu en xeral, xa que antes tiñan lugar moitas situacións nas que o consumo era de carácter social”. Ao abordar o consumo de alcol antes da aparición da Covid-19 atopámonos co grupo máis numeroso, que só bebía en ocasións concretas como festas ou reunións (37,1%) e seguido dos que bebían 1 ou 2 veces por semana (34,1%). Chama a atención que só un 4,6% afirman que non bebían.

O consumo de alcol sitúase preferentemente en festas e reunións

Ao tratar o confinamento nacional que tivo lugar no pasado ano 2020 de marzo a xuño, máis da metade describe que diminuíu o seu consumo fronte a case un terzo que afirmaba que se mantivo igual. Pouco máis dun 20% deixaba constancia de que aumentara e algún chegaba a afirmar que “consúmese en soidade, o cal paréceme moi perigoso porque se fai crónico” ou que “se fai dun xeito máis privado para que non te xulguen coma un irresponsábel ou con problemas de alcolismo”.

O consumo de alcol sitúase preferentemente en festas e reunións

Coa volta ao funcionamento da hostalería tamén quixemos pescudar sobre os hábitos de consumo neste contexto. Atópanse cambios, xa que chega ao 45,1% as persoas que pasan a consumir en situacións concretas como festas ou reunións e chama a atención o aumento ao 15,4% das persoas que consumen de 3 a 5 veces por semana. Isto déixanos claro, segundo a enquisa, que se consume alcol en ocasións máis localizadas que antes da aparición da pandemia, pero non sabemos en que niveis se consome nestas ocasións. Un dos entrevistados afirmaba “penso que foi en aumento, aínda que no meu caso diminuíu ata cero, non foi por temas de saúde, senón que simplemente non me apetecía , o alcol debería ir cun motivo de celebración ou ledicia, mais nos tempos que estamos para que beber?”.

O consumo de alcol sitúase preferentemente en festas e reunións

En relación coa grave crise que sofre a economía e, de maneira concreta, a hostalería, preguntamos a localización na que se soe consumir máis alcol desde que nos atopamos nesta situación epidemiolóxica. Os bares, cafeterías e restaurantes conságranse como os grandes favoritos entre os enquisados (44,6%), seguidos da propia casa (34,9%). Un dos participantes na enquisa facía referencia a esta tendencia afirmando que “a xente necesita afogar as súas penas nalgún lado”, poñendo de manifesto que o consumo nestes tempos supón para algúns unha vía de escape.

19 abr 2021 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.