Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O espazo estará presentado por Xosé Ramón Galloso // Ofrecerá a apertura da Porta Santa

A deste 2020, como non podía ser doutro xeito, será unha Noitevella moi especial na Televisión de Galicia. Por un lado, porque suporá a volta á casa polo Nadal de Xosé A. Touriñán. Por outro, porque na Gala de Fin de Ano os espectadores descubrirán, nunha divertida parodia do xogo Among US, quen é o culpable do que pasou este ano.

Xosé Ramón Gayoso presentará un programa especial en que se desenvolverá unha trama coa participación dos actores Carlos Blanco, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga e o propio Touriñán. Tamén están convidados á velada moitos presentadores da Televisión de Galicia, como Lucía Rodríguez, Susana López, Eduardo Herrero, Gustavo Varela, Diego Viaño, Xulia Campo, Alba Mancebo, Arturo Fernández, Roberto Vilar, Marcial Mouzo, Xoanqui Ameixeiras e Fran Cañotas, entre outros.

Ao longo da noite iranse dando unha serie de claves para atopar o responsable da desfeita que trouxo 2020 e, entre pista e pista, os espectadores poderán gozar coas actuacións dos mellores artistas a nivel nacional,

comeza o Xacobeo. Os medios públicos galegos transmiten hoxe á tarde, en directo e de xeito íntegro, o acto de Apertura da Porta Santa da catedral de Santiago, co que comeza un novo ano xubilar, o terceiro deste século. A TVG e a Radio Galega levarán a cabo unha destacada despregadura de medios técnicos e humanos, tanto no interior coma no exterior da Catedral, para seguir de preto a procesión e ofrecer a liturxia.

A partir das 15.45 horas, os xornalistas Francisco L. Iglesias e Carlos Amado estarán á fronte deste especial relixioso na TVG, apoiados polos comentarios de Fernando Madriñán e Eduardo Herrero.

Na Radio Galega ofrecerase o especial A Tarde Porta Santa, entre as 16.00 e as 19.00 horas, conducido por Iván Calaza e Moncho Lemos.

Este acto poderase seguir tamén en directo, en streaming, na web da CRTVG.

31 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.