Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O I Festival Literario de Allariz comeza este venres

Emma Pedreira, Tallón, Katixa Aguirre, Edurne Portela, Ameixeiras e Ovejero, convidados

    Santiago. Allariz reúne na primeira fin de semana de xullo algúns dos nomes máis estimulantes da literatura galega e española dos últimos anos. O 1º Festival Literario de Allariz (FLAZ) celébrase durante os días 1 e 2 de xullo con encontros nos que participan Emma Pedreira, Juan Tallón, Katixa Aguirre, Edurne Portela, Diego Ameixeiras e José Ovejero.

    Por que, como e para que escribir hoxe en día serán cuestións centrais, que compartirán estas seis figuras da literatura. Dous días para dialogar, entre eles e co seu público, nun novo festival promovido pola libraría Aira das Letras e o Concello de Allariz.

    O certame tamén propón á comunidade lectora a posibilidade xantar cos seus autores favoritos o 2 de xullo.

    Cun formato de conversas a dúo e un encontro final co conxunto das figuras convidadas, ten un obxectivo claro: reivindicar o amor á literatura e aos libros. O desexo dos seus promotores: ofrecer ao público unha programación de interese cultural que, dende o ámbito local, esperte o interese da comunidade lectora e redunde no traballo global do sector do libro.

    Dous días nos que o Casa da Cultura acollerá a programación central que se complementará con outras actividades en diferentes espazos da localidade. redacción

    01 jul 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito