Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O ILGA organiza o concurso de vídeo ‘Móvete’ polo seu 50 aniversario

Está dirixido a alumnos dos institutos de Galicia e das zonas de fóra que falan galego

Santiago. Neste 2021, o Instituto da Lingua Galega conmemora o seu 50 aniversario. Con motivo desta celebración pon en marcha, entre outras actividades, o concurso de vídeo Móvete, destinado ao estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia.

O obxectivo deste concurso é, en primeiro lugar, incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova. O prazo para a participación iniciouse onte, primeiro de marzo, e estará aberto ata o 31 de maio de 2021.

O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e pódese participar en dúas modalidades, individual e en grupo. Neste último caso, deberá facerse baixo a dirección ou o asesoramento dun ou dunha docente, que será a persoa de contacto e responsable do proxecto. Os vídeos que se presenten a Móvete deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os 2 minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os temas que se propoñen para a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego, Conmóvete co galego e Promove o galego.

O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema, valorando a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.

Colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a cadea de supermercados Gadis. ECG

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.