Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O mellor cine árabe chega ata Ourense con ‘Amal en Ruta’

Deputación e Fundación Araguaney traballan xuntas nesta aposta con títulos de actualidade

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber, e o directivo do Cineclub Padre Feijóo, Manuel Rodríguez, presentaron esteluns no Pazo Provincial o ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta Ourense 2021, que do 15 ao 19 do presente mes proxectará na Casa da Cultura da capital tres ficcións e dous documentais nun percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

Manuel Baltar destacou a aposta da Deputación “por unha iniciativa na que poderemos ver varias producións que nos falan de diversas temáticas e nos invitan a seguir reflexionando sobre a vida e os conflitos que sofren noutros países, agravados hoxe pola pandemia que todos sufrimos”. Esta nova edición do ciclo de cinema euroárabe, dixo, “consolida unha tripla alianza de colaboración que alcanza o seu quinto ano, nunha andaina que seguiremos facendo”.

Tamén á cultura referiuse Ghaleb Jaber, sinalando que con Amal, que significa esperanza, “imos seguir achegando a Ourense outras formas de vivir a través do cine de autor, do cine con causas e ficcionado con historias reais”.

Manuel Rodríguez reafirmou pola súa banda a colaboración do Cineclub Padre Feijóo “para dar a coñecer cinematografías que teñen difícil difusión”.

Con aforo limitado y de carácter gratuíto, o ciclo Amal en Ruta Ourense 2021 ofrece nesta edición cinco películas, en versión orixinal subtitulada, que reflicten unha visión ampla da cultura árabe. Este mércores, día 15, proxectarase Adam, que relata a historia de superación dunha muller. O xoves, 16, For Sama, falando dunha moza siria que ten un fillo durante a guerra. It must be heaven se proxectará o venres, 17, dirixida por un dos máximos expoñentes do cinema palestino, Elia Suleiman. E xa cara os días 18 e 19 proxectaranse os documentais Gaza e máis Tel Aviv on Fire.

14 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.