Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Melona Fest volve con máis gañas que nunca

O festival organizado polo colectivo La Melona achegará á capital galega a escena da música independente estatal

Despois de varios intentos frustrados debido á pandemia, volve o Melona Fest na súa quinta edición do día 22 ao día 26 de setembro. Dito evento, está organizado polo colectivo La Melona, unha asociación xurdida en 2015 na capital galega que pelexa por achegar a escena de música independente ao público. Álvaro, un dos organizadores do evento, conta a pena que supuxo a cancelación do festival o ano pasado, pois “estaba sendo a edición con máis éxito ate o momento. “Estábamos moi preto de vender todas as entradas dispoñibles” apunta o organizador.

Despois de varios intentos ao longo do último ano debido a que a situación pandémica seguía a ser complicada, decidiron pospoñelo máis tempo para así lograr realizalo cun aforo máis amplo. Para o colectivo, o prioritario era manter “a esencia do festival, onde o relevante é o vinculo social, a convivencia e o mutualismo”. Agora a esperanza está nas novas datas para setembro, pero son precavidos. Dependendo dos posibles escenarios que se poidan plantexar adaptarán o festival ao aforo permitido, os espazos dispoñibles e os artistas co que poidan contar, pois ”ate que se acerque o momento, non sabemos cal vai ser o escenario no que nos atopemos en setembro”.

A resposta do público a esta nova edición está sendo moi boa, do mesmo xeito que o fora a edición que se tivo que cancelar. As primeiras entradas están a piques de esgotarse. Aínda así, contaremos con dous quendas máis para poder conseguir a entrada. Dende a asociación sinalan que neste aspecto, o prioritario é manter a filosofía de “que sexa un festival accesible a todos os públicos e todos os tipos de bolsillos”. A intención é que en canto se remate a primeira quenda de entradas a 30 euros poidan sacar novas entradas por 5 euros máis. As entradas finais terán un prezo de 40 euros.

A pesares diso prima a prudencia, pois irán sacando as entradas segundo o que a situación o permita. “Penso que o Melona Fest pode ser un éxito neste ano no que estamos vendo unha subida do prezo das entradas desorbitadas” sinala Álvaro, que apunta que é o usuario final o principal prexudicado desta situación. Pero entenden a situación pola que están a pasar as bandas tras ano e medio de cancelacións e adiamentos. “Ao non ser un gran macrofestival a relación cos artistas acaba sendo case persoal. Hai confianza mutua e nós en todo momento somos transparentes cos artistas” comenta Álvaro, “están tendo unha paciencia infinita e o que desexan é voltar aos escenarios e facer o seu traballo, que estivo impedido todo este tempo”. As primeiras confirmacións foron Paco Moreno, Chico Blanco e Adios Amores.

Contan con poder o máis pronto posible. Tamén sinalan que teñen a varios artistas coas datas xa bloqueadas, e se a situación o permite, esperan anunciar novos grupos a finais do mes de Xullo. En canto á ubicación, a organización conta con que “se todo está a favor levaremos o festival a unha ubicación ao aire libre, para non ter limitación de aforos, pero cabe a posibilidade de que voltemos a realizalo en salas”. Aínda con tarase con dúas quendas máis de entradas, así que para a xente que queira volver a disfrutar da música en directo poderá conseguir as entradas e informarse dos anuncios de artistas e ubicación final do evento a través das redes sociais de La Melona.

12 jul 2021 / 17:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.