Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O OUFF mailo papel das mulleres no audiovisual galego

Amada Trabada, socióloga, di en Ourense que “as narrativas audiovisuais fan identidades”

A Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuais (CIMA) elaborou un estudo sobre o papel das mulleres no audiovisual galego, o primeiro deste tipo que realiza. O resultado da investigación, A representatividade e a representación das Mulleres no Audiovisual Gallego. Ficción 2020, e que se presentou este luns no marco do Ourense Film Festival (OUFF), revela datos interesantes, como que as actrices conseguen menos papeis protagonistas a medida que cumpren anos, ao contrario do que sucede cos homes. Tamén mostra que, pese á sensación de que cada vez máis mulleres ocupan roles decisivos na industria, as porcentaxes que indican unha clara superioridade masculina mantéñense.

A intérprete Mariana Carballal, coordinadora do equipo que realizou a investigación, sostén que “a sociedade transfórmase desde o ensino”. “Queremos abrir a mirada”, resaltou.

Amada Trabada, socióloga que tamén participou no proxecto, reivindica a necesidade de traballos como este porque “as narrativas audiovisuais constrúen identidades”, e, na actualidade, moitas das obras de cine e televisión “empobrécennos ás mulleres; vémonos como personaxes secundarias”.

Durante tres meses, un equipo multidisciplinar formado por sociólogas, expertas do audiovisual, directoras e profesoras, estudou varias longametraxes, series e web series de produción galega e estreadas en 2020 para analizar a presenza e o rol das mulleres neles. O proxecto nace dun convenio de colaboración entre CIMA, a Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Velo, e contou, tamén, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

ACTIVIDADES PARALELAS E PREMIOS Por outra banda, o director, guionista e escritor Gonzalo Suárez estivo este luns no OUFF para recibir a Calpurnia de Honra da 26 edición do festival como homenaxe á súa longa traxectoria. Para o cineasta, que o gañou case todo no cinema español, “os premios son un encontro entre amigos descoñecidos e un reencontro con outros xa coñecidos”. Neste caso, ademais, trátase de “unha cita cunha muller marabillosa”, en referencia a Calpurnia, o personaxe que dá nome ao máximo galardón do festival.

Por certo, esta é a primeira vez que o cineasta asturiano visita Ourense, “cidade moi cinematográfica”.

E o OUFF completa a súa programación a concurso con actividades paralelas, proxeccións, mostras e ciclos. Nesta edición, o Ourense Film Festival (OUFF) afonda no traballo creativo vinculado ao audiovisual a través do Taller Carlos Velo de Postproducción Cinematográfica organizado por TV UNAM, a Fundación Carlos Velo e o Festival de Cine de Ourense.

28 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito