Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O OUFF rinde unha homenaxe á figura de Fernán Gómez

Descobren en Allariz unha placa co nome do actor e cineasta en lembraza da súa traxectoria

No centenario dos seu nacemento, o Ourense Film Festival (OUFF) quere homenaxear a Fernando Fernán Gómez, un dos actores e cineastas máis destacados do cinema español. A 26 edición do Festival de cine de Ourense na súa labor de recoñecemento á figuras esenciais do noso audiovisual inclúe na súa programación dúas efemérides sinaladas. Ao centenario de Luis García Berlanga únese tamén o xa anunciado homenaxe a Fernando Fernán Gómez.

Allariz foi o escenario elexido pola súa vinculación ao actor e a unha das súas películas máis recoñecidas, A lingua das bolboretas, para o descubrimento dunha placa conmemorativa dentro das actividades paralelas deste ano. O acto, conducido pola presentadora Raquel Domínguez, contou coas intervencións de Miguel Anxo Fernnández, director do OUFF, Uxía Blanco, actriz que participou en dito filme, Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, e Cristina Cid, alcaldesa de Allariz.

Todos eles lembraron a figura do carismático actor e o seu paso pola vila. Miguel Anxo Fernández, director do OUFF, destacaba na súa alocución que esta homenaxe é unha mostra da aposta do Festival pola recuperación da memoria, “na estratexia futura do OUFF está a de poñer en valor o seu patrimonio dos agora 26 anos de historia. Iso sitúanos moi por encima non panorama galego de festivais. Vai como exemplo que ou ano próximo serán vos centenarios da actriz galega María Casares e do director Juan Antonio Bardem, ambos xa foron protagonistas a título póstumo e a cada un deles se lles dedicou un volume”.

Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, destacou “a súa faceta como ensaísta, dramaturgo e excelente guionista”. Antes de descubrir a placa interveu Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, que mostraba o seu agradecemento por esta rodaxe.

A gala final dos premios de cine pon en valor “o talento das novas xeracións”
Ademais da entrega de premios, proxectouse a curta galardoada de
‘Fas Muvis. Límite 28’

Ourense. O Ourense Film Festival pechou as súas entregas de premios con dous dos ciclos máis especiais do certame e que, como tal, merecían unha gala propia: as curtametraxes de OUFF En Curto e as pezas audiovisuais creadas en tempo récord para Fas Muvis. Con Sergio Pazos e Ledicia Sola como condutores, vestidos polo deseñador ourensán Adolfo Domínguez, a entrega de premios celebrouse no Teatro Principal nunha gala nova e dinámica onde, ademais de cinema, houbo oco para a música. O grupo ourensán TanDuB puxo a banda sonora a unha tarde de emocións fortes.

Para Miguel Anxo Fernández, director do OUFF, este foi unha “homenaxe aos novos valores, ao talento das novas xeracións porque eles son o futuro do festival”. Ata sete premios entregáronse na sección de OUFF En Curto, todos eles esculturas creadas por Buciños. Xoves de comadres, de Noemí Chantada, foi recoñecido polo xurado como o mellor curto de ficción, e a actriz Aurora Maestre levouse o Premio AISGE Mellor Interpretación Feminina. Ademais, Canibalismo recibiu unha mención especial, ademais do Premio AISGE Mellor Interpretación Masculina para Germán Prenta. Na categoría de documental, o galardoado foi Mulher como Árvore, de Alejandro Vázquez San Miguel, Carmen Tortosa, Daniela Cajías, Flávio Ferreira e Helder Faria. . Un dos momentos máis emocionantes foi, cando se desvelou a curta gañadora do Premio do Público: Dores, un traballo de Coral Piñeiro. redacción

03 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.