Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pazo de Mariñán é xa ‘Destino Observer’de turismo científico

Forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña e obtén a certificación desta etiqueta internacional como coidado ‘Xardín histórico’

O Pazo de Mariñán, que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña, obtén a certificación Observer de turismo científico e convértese en Destino Observer baixo a categoría de Xardín histórico’ Onte, no propio lugar, tivo lugar o acto de entrega da certificación, que supón un recoñecemento da singularidade dos seus valores históricos e botánicos por parte de ObserverScienceTourism.com, que é a primeira plataforma de destinos e servizos de turismo científico certificados.

Para esta entidade o pazo, “ademais dos seus valores naturais, conta cunha pinacoteca visitable, de enorme valor, centrada en obras de arte dos séculos XIX e XX, moitas delas de artistas galegos” e é “unha das propiedades señoriais máis emblemáticas de Galicia” polo que cumpre os requisitos impostos pola certificación para converterse en Destino Observer baixo a categoría de ‘ardín Histórico.

Os Xardíns históricos Observer son lugares de interese cultural e botánico. Quedan definidos nesta categoría os conxuntos históricos do patrimonio natural ou cultural que constitúan un recurso único e singular a través do que realizar actividades de divulgación e turismo científico no eido da botánica e a historia. O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, explicou que “debemos avanzar na profesionalización para que o turismo sexa tamén un negocio que xere riqueza e emprego e ese é o obxectivo desta certificación, coa que queremos fortalecer os recursos propios cun nivel máximo de experiencia na visita”.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, lembrou que “este é un enclave para desfrutar, do edificio, da arte que se engloba nel e tamén da natureza” e cree que “entre todas as administracións debemos buscar a excelencia turística porque, cada vez máis, se está achegando a esta zona que buscan esa experiencia completa e este e un paso nese sentido”.

Galicia ten preto de 80 destinos Observer, que poden ser consultados na web observersciencetourism.com.

$!O Pazo de Mariñán é xa ‘Destino Observer’de turismo científico
21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.