Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O procexto escultórico de Manolo Paz invadirá moitas rúas de Madrid

Chegará grazas aos esforzos realizados pola Xunta de Galicia, que promove esta proposta

Santiago. A exposición A distancia que nos une con pezas de gran formato do escultor Manolo Paz chegará este outono a algunhas das rúas máis emblemáticas de Madrid co apoio da Xunta no marco do Xacobeo 21-22. Tras o éxito dunha proposta similar en Santiago de Compostela durante este verán, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o artista cambadés, presentaron onte este proxecto que promoverá a cultura e a arte galega.

“Manolo Paz é un dos grandes artistas galegos contemporáneos e ten un gran mérito a súa capacidade de intervir en espazos singulares como el o fai, conseguindo que a arte dialogue co territorio”, expresou o titular de Cultura. Rodríguez recordou que a Consellería de Cultura e Turismo de Galicia apoian esta iniciativa no marco do Ano Santo como “gran oportunidade de promoción da nosa cultura e de Galicia en xeral”.

Subliñou, ademais, a importancia das localizacións das obras, en lugares emblemáticos entre os que se atopan o exterior do Concello, edificio obra doutro galego como Antonio Palacios, onde serán “vistas por centos de miles de persoas con obras que dialogarán, ademais, cun espazo Patrimonio Mundial como é o Madrid de la Luz”.

Neste sentido, Manolo Paz referiuse tamén ao proceso creativo e á elección dos emprazamentos en espazos simbólicos para a cultura, incluíndo as inmediacións do Museo do Prado, o Museo Tyssen-Bornemizsa, a Biblioteca Nacional, a Fonte de Cibeles ou o Banco de España.

A itinerancia é un proxecto colaborativo entre a Xunta, a galería de arte madrileña Max Estrella e o Concello de Madrid. A súa inauguración está prevista a inicios do mes de outubro e permanecerá instalada ata finais de ano. X.G.

28 sep 2022 / 21:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito