Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O regreso do artista francés Christian Voltz e dun moi especial rico pastel

Neste novo conto, nárrase, cun rexistro verbal simple, marcado polo discurso directo, polas formas interrogativas e exclamativas, as suspensións e segmentos rimados humorísticos, o desafío co que se enfronta Don Antón: facer un pastel para unha merenda especial acompañado de Dona Branca. Sen conseguir poñer en práctica unha receita, nin sequera a que descobre online co dispositivo móbil, o protagonista conta, non obstante, coa preciosa, aínda que sorprendente e excéntrica, axuda dos seus compañeiros animais. E son estes quen o salvan, a pesar do delicioso pastel que esperaba confeccionar, ao fin, co resultado nunha... sopa de legumes.

E é deste modo como, coa sinatura do premiado ilustrador Christian Voltz baixo o selo da Editorial Kalandraka, se ofrece a posibilidade aos lectores –pequenos, medianos ou grandes– de viviren a lectura, de conviviren cunha divertida historia, feita de palabras e de imaxes articuladas sinérxica e esteticamente. Así, con obras como Un rico pastel, créase o gusto polos bos libros, a literatura e a arte.

sara_silva@ie.uminho.pt

03 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito