Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O valor cultural e tamén lingüístico da Ribeira Sacra, en ‘A Verba Viva’

AUDIOVISUAL. A Xunta de Galicia incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra por medio do documental audiovisual A verba viva, que presentou onte o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola directora da peza, Lorena Gallardo. “A Ribeira Sacra é un dos nichos naturais, paisaxísticos, monumentais, turísticos e lingüísticos de Galicia e precisamente niso quere incidir este documental audiovisual que percorre os seus espazos máis emblemáticos incidindo nos seus valores culturais e lingüísticos”, destacou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen sinalou que a peza estará “dispoñible proximamente en aberto para consumo e divulgación de toda a cidadanía desde o Portal da Lingua Galega”.

No acto de presentación, que acolleu o Pazo de San Roque, acompañounos tamén Mercedes Vázquez, colaboradora de Chantada Comunicación, produtora que dá a lume A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico.

A peza é unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás. redacción

06 ago 2021 / 00:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.