Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O valor termal do territorio galego impulsa o turismo na comunidade

Este sector favoreceu que Galicia recibise un 80 % máis de viaxeiros no pasado mes de xullo

Pontevedra. Galicia constitúe un territorio cun valor potencial no ámbito termal e as singulares condicións do territorio para o desenvolvemento do sector, segundo destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que participou este venres no curso Termalismo, saúde e benestar organizado pola Universidade de Vigo que se celebrou este venres no Talaso Atlántico de Oia,

Tamén incidiu na capacidade do termalismo como recurso para diversificar e desestacionalizar a oferta turística, ademais de contribuír ao equilibrio territorial e o desenvolvemento rural dos territorios nos que se asintan os 21 balnearios da comunidade. Nesta liña, resaltou a posición de liderado no Estado da oferta de turismo de saúde galega, tanto no que respecta ao número de establecementos como á calidade dos mesmos, con máis do 60% da oferta termal con categoría de catro e cinco estrelas.

Do mesmo xeito, sinalou que o termalismo encaixa perfectamente no modelo de turismo seguro, de calidade e sostible polo que aposta a Xunta a través do Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023. O reforzo de Galicia como destino seguro e de calidade foi precisamente o que permitiu que a comunidade recibise en xullo un 80% máis de viaxeiros que en 2020. Por iso, Nava Castro resalta a necesidade de seguir consolidando no caso do turismo termal este produto turístico estratéxico que sitúa a Galicia como referente nacional e internacional que, adaptouse á situación derivada da covid coa aplicación das medidas de prevención ECG

03 sep 2021 / 18:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Oia
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.