Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obra de Wong Kar-wai e Robert Siodmak no CGAI

a coruña. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia mañá en A Coruña a súa primeira carteleira de 2021, ano no que a cinemateca da Xunta celebrará o trinta aniversario da súa inauguración o 15 de marzo de 1991. Durante este mes de xaneiro, programará 18 sesións na súa sede da Coruña, entre as que destaca a primeira parte dunha completa retrospectiva do director hongkonés Wong Kar-wai, ademais da continuación do ciclo que lle está a dedicar ao cinema negro de Robert Siodmak. Considerado un dos mestres do xénero e responsable do seu renacer en Hollywood, Siodmak protagoniza este arranque de 2021 con dúas sesións do clásico Forajidos, que terá cadanseu pase este xoves e o venres , ao que lle seguirán Una vida marcada (12 e 13), El abrazo de la muerte (días 15 e 16) e El caso de Thelma Jordon (19 e 20). Xaneiro tamén virá marcado pola primeira parte do ciclo Universo Wong Kar-wai, que ofrecerá as restauracións en 4k de sete dos seus filmes feitas polo vinte aniversario da estrea de In the Mood for Love (2000), título que o consagrou. A retrospectiva arrancará con As tears go by (1988) o 21 de xaneiro e o 2 de febreiro, e Days of Being Wild (1990), os días 26 e 27 de xaneiro. Xa no mes que vén: Chungking Express, Fallen Angels, Happy Together, 2046 e In the Mood for Love. redacción

06 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.