Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ofrenda floral como unha homenaxe a Pardo Bazán

Cultura. Hoxe celebrouse unha homenaxe á escritora galega Emilia Pardo Bazán coincidindo coa celebración do primeiro centenario do seu falecemento. Este acto, organizado por diferentes asociacións galegas como tributo á escritora, rematou cunha ofrenda floral na Basílica da Concepción , onde repousan os resto de Emilia Pardo Bazán.

“Unha muller adiantada ao seu tempo” reivindicou no acto o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, no que engadiu que hai máis de un século plantexou cuestións que arestora se manteñen plenamente vixentes, como a igualdade do home e da muller ou a necesidade de que as mulleres puidesen acceder a unha educación de calidade. Ademais, Santalices gabou a actividade das asociación galegas de Madrid, xa que “son os mellores embaixadores que ten Galicia” por tributar esta homenaxe a unha galega universal, e tamén “madrigalega, en referencia á escritora.

O Parlamento de Galicia sumarase á conmemoración do centenario de Pardo Bazán patrocinando, canda a Real Academia Galega, unha edición monográfica, en galego, do principal ensaio feminista da autora: “La educación del hombre y de la mujer”, publicado en Nuevo Teatro Crítico en 1892, pero nunca editado de maneira independente.

A ofrenda floral enmárcase nas actividades programadas co gallo da Semana Xacobeo 21 en Madrid que se celebra desde o 19 de xuño.

Participaron nesta actividades representantes das diferentes entidades galegas de Madrid, como a Orde da Vieira, o Centro Galego de Madrid, o Club de Periodistas Galegos de Madrid ou a Asociación de Amigos do Camiño, entre outras, así como do Concello de Madrid. E tamén personalidades como o académico Darío Villanueva, ou xurista e diplomático Marcelino Oreja.

REDACCIÓN

24 jun 2021 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.