Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Olegario Vázquez Raña, convidado de hoxe en ‘Facendo as Américas’

Oriúndo do pequeno concello ourensán de Avión, é un dos galegos de máis éxito

Santiago. O convidado de hoxe en Facendo as Américas (TVG) é Olegario Vázquez Raña, oriúndo do pequeno concello ourensán de Avión, un dos galegos de máis éxito do mundo, quizais só comparable a Amancio Ortega, cun grupo formado por máis de 80 empresas que abranguen sectores como o turístico e hoteleiro, os medios de comunicación, a banca, a sanidade, a construción ou a aeronáutico, entre outros.

De Olegario Vázquez Raña pódense destacar moitas cousas pero, sobre todo, que é un home apaixonado por todo o que fai, sexa traballo, deporte ou simplemente conversar. El di que é un home de sorte, aínda que, por riba de todo, é unha persoa apaixonada e vital, que destila simpatía e tamén moita empatía. Un dos seus distintivos é o seu sorriso, aberto, franco e sincero, que só poden lucir os galegos bos e xenerosos.

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, A Revista Fin de Semana estará, en directo, en dúas das citas festivas máis destacadas desta fin de semana en Galicia. Por unha parte, un equipo do programa asistirá á Festa da Istoria de Ribadavia, que tras a súa suspensión o ano pasado pola pandemia, celebrarase hoxe no interior do castelo dos Sarmiento, cun programa reducido e un aforo controlado. E pola outra, o Resurrection Fest Limited, que tamén volve celebrarse en Viveiro dous anos despois, cunha versión mini do festival para pouco máis de 2.000 persoas.

Xa no estudio, o xornalista da TVG Lois Oreiro visitará o magazine para presentar o seu libro Os mundos de agora, un ensaio en que reflexiona sobre as tendencias da tecnoloxía. Estará acompañado polo colaborador webmaster Marcus Fernández.

E xa despois vía Skype, o presentador Mon Santiso conversará con Fernando Méndez e Paula Rouco, propietarios dunha granxa en Vilalba de 1.200 galiñas poñedoras de ovos de cría tradicional, onde as aves pasan a maior parte do tempo ao aire libre e cuxa alimentación tamén é de proximidade. ECG

28 ago 2021 / 17:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.