Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ona Carbonell súmase aos voluntarios na recollida de residuos na Illa de Cortegada

Enmarcada no proxecto Plancton de Abanca e Afundación, busca espertar a conciencia mediombiental no conxunto da sociedade

A nadadora olímpica e capitá do equipo español de natación sincronizada, Ona Carbonell, sumouse este mércores a decenas de voluntarios dunha iniciativa promovida por Abanca e Afundación para recoller residuos das praias da Illa de Cortegada, en Vilagarcía de Arousa.

Esta limpeza enmárcase dentro da campaña Plancton, promovida entre outros pola obra social de Abanca, e nela participaron tamén xubilados socios do Espazo +60 de Ourense, membros das organizacións Bata e Con Eles, que prestan atención a persoas con diversidade funcional, e a Asociación de Mariscadoras de Carril (AmarCarril), segundo informa ao respecto Europa Press.

Antes do arranque desta acción solidaria, Carbonell, quen desde hai dous anos é embaixadora de Obra Social e Educación Financeira da asociación bancaria CECA, atendeu aos medios para dirixirse á sociedade e pedir “un consumo máis responsable”. “Só temos un planeta e hai que coidalo”, apuntou.

A nadadora olímpica confesouse “encantada” de visitar Galicia e de que Afundación contase con ela para este proxecto. Así, lembrou que o seu “mundo” e a súa “vida” son “a auga e o mar”: “É onde me sinto feliz e lamentablemente a situación non é boa” porque “están cheos de plásticos e de residuos”.

Por iso, Ona Carbonell destacou iniciativas como a desenvolvida este mércores en Cortegada, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, para “limpar os nosos mares, que tanto o necesitan”.

Aínda que considera que “é moi importante que todo o mundo se implique”, a nadadora catalá é consciente de que deportistas de élite como ela contan “cuns altofalantes moi bonitos”, polo que instou a outros a implicarse en proxectos similares. “Espero que hoxe sexa un día en que podamos recoller moito e que aos poucos se fagan máis actividades como estas”, desexou.

Xunto a Carbonell, a coordinadora xeral de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de Afundación, Pilar Alves, explicou que a campaña Plancton ten como principal obxectivo de “espertar conciencia sustentable na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular”.

11 may 2022 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.