Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Orquestra Sinfónica de Galicia: a maior achega feita nunca

Recibe 3,5 millóns de Cultura // Rodríguez salienta que o apoio do Goberno galego garante a presenza do seu repertorio de música clásica

A Xunta de Galicia inxecta este ano un total de 3,5 millóns de euros para o funcionamento e o impulso da programación clásica da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), o que supón a maior achega da historia realizada ata o momento para esta entidade por parte do Goberno galego.

Este apoio orzamentario quedou formalizado a través de dous convenios de colaboración asinados onte entre o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña e presidenta do Consorcio para a Promoción da Música, Inés Rey, nun acto ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Así pois, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 2,7 millóns de euros para o financiamento dos gastos correntes da OSG durante o ano 2021, ao que se suman outros 800.000€ (ambas a través do Consorcio para a Promoción da Música, entidade xestora da OSG) como achega extraordinaria para a realización de actividades co gallo do Xacobeo 21-22.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou que con esta inxección económica “queda demostrado o compromiso do Goberno galego coa Orquestra Sinfónica de Galicia”, unha entidade que lembrou que leva recibido máis de 30 millóns de aportacións da Xunta nos últimos dez anos. Un dos obxectivos do Goberno galego é aumentar o público potencial do xénero clásico con accións como o apoio a concertos en distintos lugares de interese patrimonial (igrexas, catedrais e outros auditorios), colaboracións musicais con algúns barítonos de maior relevancia internacional (a Gala Wagner con Mathias Goerne e Josep Pons) ou proxectos extraordinarios con artistas de música pon e rock e doutros xéneros musicais en recintos ao aire libre.

Así mesmo, a través desta colaboración, impúlsanse outras actividades como as xiras da OSG fóra de Galicia, as vinculadas ao décimo aniversario das Orquestras Infantís e a Orquestra Nova (OJSG).

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.