Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

OUFF en Curto xa ten o cartel desta nova edición

Cine. O Ouff en Curto volverá a brillar coas mellores curtametraxes galegas na 26ª edición do OUFF (Ourense Film Festival), que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de 2021 na cidade das Burgas.

E xa conta con imaxe propia para esta nova edición. A deseñadora Nuria Grandío, que xa foi a autora do cartel en anos anteriores, volve a firmar o deseño desta edición. Utiliza unha técnica moi en tendencia, o collage, incluíndo elementos da cidade de Ourense como a Catedral, así como unha homenaxe á curta de Chano Piñeiro, Mamasunción.

Dende a organización sinalan e celebran “a boa acollida desta edición entre os curtametraxistas galegos” e recordan que “quedan pouco máis de 15 días para o peche das inscricións”. Ademais, permanece aberto o enlace na plataforma Festhome para poder anotarse e participar no certame deste ano.

O OUFF en Curto volve a ter como obxectivo o de darlle relevancia a este tipo de formato audiovisual feito en Galicia. E é que as obras que participen nesta nova edición do certame, como en anteriores ocasións, deben estar feitas na comunidade ou contar con equipo galego. Unha das grandes novidades que incorpora este ano o OUFF en Curto é a aparición dunha nova categoría a competición: documental. Polo tanto, as pezas presentadas dividiranse en dous tipos: ficción e documental.

Nesta edición, un xurado profesional será o encargado de outorgar os premios, de 1000 € para a obra gañadora en cadansúa categoría seleccionada. Ademais, o Premio do Público contará cunha contía de 300 € ECG

03 jul 2021 / 21:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.