Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Ourense no Camiño Sanabrés’ renóvase coa vista posta no Xacobeo

Ourense. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, visitou onte a renovada e ampliada exposición, Ourense no Camiño Sanabrés, que a sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense amosa no edificio de Correos da capital ourensá, na rúa Progreso. A colección componse de selos, cuños e sobres conmemorativos que destacan a importancia de Ourense no Camiño de Santiago e tamén se realizou unha tarxeta prefranqueada para levar a cidade polo mundo adiante.

Na visita á exposición o vicepresidente da Deputación estivo acompañado polo asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; o presidente da Sociedade Miño, José Barros; e o director da oficina principal de Correos, Orlando Cid, xunto con membros da Sociedade Miño. A mostra poderase visitar durante o mes de agosto, pero o obxectivo é “completar a exposición ampliándoa cos camiños primitivo, da costa e portugués, que nos gustaría instalar no mes de setembro”, dixo o dirixente Barros.

Coa ampliación da exposición incorporáronse coleccións dedicadas ao Camiño de Santiago como avance do Xacobeo 2021; concretamente unha dedicada ao camiño francés coa variante que pasa pola provincia, coñecido como Camiño de inverno.

Todo versa sobre a idea de promocionar a importancia de Ourense no Camiño. ECG

14 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito