Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para saber máis: monografía sobre o Camiño na LIX

Un ano máis a Rede temática de investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) acaba de ofrecernos o resultado do seu traballo anual en Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte), coordinado por Marta Neira, Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.

Nesta nova monografía publicada por Xerais e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acóllense achegas de investigadores que se centran en como o camiño e a peregrinación teñen presenza e influencia nas LIXs dos ámbitos lingüísticos en lingua castelá (España e Hispanoamérica), en lingua portuguesa (Portugal e Brasil), en lingua galega, catalana e vasca.

Fanse panorámicas e analízanse obras desde diferentes puntos de vista, salientando aquelas de calidade que se desenvolven nos espazos do Camiño a Compostela co fin de axudar os axentes mediadores á hora de educar literariamente.

rociogpdreira@gmail.com

03 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito