Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pepa Lockhart y Lucía Serén demostran que as persoas con Down non teñen límites

Fabiola García felicitou ás actrices de dobraxe de ‘Valentina’,
a película de animación galardoada pola Academia cun Goya

Pepa Lockhart e Lucía Serén demostran que non existen los “límites” para el colectivo de personas con síndrome de Down, como puxeron de manifesto coa súa interpretación vocal no filme Valentina, premiado nos Premios Goya.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, achegouse onte a Down Galicia para felicitar á asociación e, en especial as dúas actrices, á compostelá Pepa a lucense Lucía por participar na gañadora do premio Goya á Mellor Película de Animación.

Valentina é un filme galego de debuxos animados que protagoniza unha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista. Pepa Lockart foi a encargada de darlle voz á protagonista da película na versión en castelá e Lucía Serén, que non puido estar no día de onte, fíxoo na versión en galego.

Fabiola García destacou que esta peza audiovisual é unha oda á plena inclusión, que ten como piar fundamental a sensibilización e a concienciación das nenas e nenos. Por esta razón, gabou a participación de Pepa e Lucía na película porque “achegaron realidade e déronlle verdade a unha historia que podería ser a de moitas nenas e nenos con síndrome de Down”, subliñou.

Neste sentido, a conselleira destacou os avances aca-
dados na integración das
persoas con discapacidade.

Así, detallou que as persoas con síndrome de Down xa destacan en moitos espazos, como sucede no mundo do cine, no do deporte ou no ámbito político, no que desde o 2019 se lles garantiu con toda normalidade os mesmos dereitos que gozan os demais cidadáns.

Así mesmo, Fabiola García felicitou a Down Galicia por formar parte deste exitoso proxecto e por levar case 25 anos de traxectoria e de traballo a prol do dereitos e intereses das persoas con síndrome de Down e das súas familias. A conselleira puxo en valor o apoio da Xunta de Galicia a esta entidade, á que o pasado ano lle achegou máis de 1,5 millóns de euros a través de diferentes liñas de financiamento.

16 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.