Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden actores e actrices de Galicia axudas para poder salvar o sector

Esixe a AAAG á Xunta un plan de rescate ante a parálise derivada da pandemia da COVID

Santiago. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) esixiu á Xunta que, ante a parálise que supón a restrición á actividade non esencial, poña en marcha “de inmediato” un plan de rescate para o sector cultural e axudas directas para os seus traballadores.

Tal e como apuntaron nun comunicado, a evolución da pandemia e as medidas restritivas sanitarias levaron a un punto no que “se fai inviable a actividade escénica”, o que “imposibilita as opcións dos profesionais dos espectáculos en vivo de gañar o seu sustento”.

Esta “nova parálise”, explican, chega “tras xa case un ano de suspensións, aprazamentos e incertezas”. “Falamos, ademais, dun grupo de traballadores cunha serie de particularidades que os converte nun segmento de gran vulnerabilidade laboral, por mor da estacionalidade, da intermitencia e da singularidade na contratación por días de funcións e gravacións”, destacan.

Ata este momento, afirma a AAAG, a Xunta “centrou a súa intervención desde que comezou a pandemia nun Plan de Reactivación dirixido unicamente as empresas e que obviou por completo a posibilidade de darlle cobertura e protección a traballadores do sector” escénico.

Ante esta situación, a AAAG reclama que a Consellería de Cultura e a de Emprego “traballen conxuntamente nun plan específico para os profesionais do sector”, seguindo modelos como o levado a cabo en Cataluña no mes de novembro. e. press

27 ene 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.