Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Pingas rompentes’, a mostra que leva a Vigo a colección do CGAC

As pezas permanecen no Museo do Mar da cidade olívica, ata comezos de xaneiro

Vigo. No Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acábase de inaugurar a exposición Pingas rompentes, coa que a Xunta leva a colección do Centro Contemporáneo de Arte Galego (CGAC) á cidade á que asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. A mostra, está Comisariada por Sara Donoso, e ofrece unha selección de fondos específica para o centro museístico vigués, con obras de Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Pamen Pereira e Andrés Pinal.

Segundo sinalou Anxo M. Lorenzo na súa intervención, a iniciativa enmárcase no proxecto itinerante Unha mirada a Galicia, que se asoma á creación contemporánea galega a través da colección do CGAC. No caso da instalación inaugurada en Alcabre, creouse “un relato conxun-
to que visibiliza o interese
pola auga, os seus tránsitos e derivacións, que en cada caso se asumen desde o polí-
tico, o estético ou o social”.

Ademais, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade avanzou durante a inauguración que, como complemento da exposición, a artista Carme Nogueira realizará en novembro unha actividade que abrangue reflexións arredor do crecemento da cidade de Vigo, os seus fluxos, a influencia do mar e as súas dinámicas.

Así, partindo da peza O Porto (do proxecto Porteños) que presenta na mostra como un relato cruzado entre Chile e Galicia a través da influencia que aporta o mar, terá lugar un encontro co público no porto de Vigo para chamar a reflexionar sobre a influencia deste espazo na construción de Vigo como cidade.

Deste xeito, a artista activará a obra máis aló da contorna expositiva, convidando aos presentes e interesados a preguntarse pola influencia social, política e cultural das cidades portuarias.

Pingas rompentes permanecerá na sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia ata o 9 de xaneiro. A mostras, poderase visitar de balde de martes a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. ECG

01 oct 2021 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.