Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponte ata Portugal con Román Rodríguez no Altice Forum de Braga

O Conselleriro estivo onte na apertura da VI Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Santiago. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou onte no Altice Forum de Braga na inauguración da VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, onde salientou a importancia de potenciar a cultura como un elemento de encontro entre territorios e pobos irmáns.

O titular de Cultura da Xunta de Galicia lamentou que hai máis dun ano a programación tivese que cancelarse por mor da pandemia e agradeceu o esforzo feito este ano para retomar os actos previstos. “Hoxe é un día de moita ledicia para todos, xa que despois do parón obrigado, esta cidade pode retomar por fin os actos conmemorativos como Capital Cultural do Eixo Atlántico”, afirmou.

Nesta liña, Román Rodríguez subliñou que esta celebración é agora “máis necesaria que nunca”, xa que supón un revulsivo para as industrias culturais e un impulso para a reactivación das empresas e profesionais tanto de Galicia como de Portugal.

“Galicia e Braga teñen a sorte de contar cuns valores culturais de primeira orde que nos definen como sociedade, pero que tamén funcionan como elementos de transformación e dinamización económica”.

Tras un ano agardando, a reinauguración da Capital da Cultura celebrouse coa participación do grupo portugués Canto D’Aquí e os músicos galegos Óscar Ibañez e Tribu. No evento, que tamén se puido seguir por streaming, participaron tamén autoridades locais e rexionais de Galicia e do Norte de Portugal. A programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, inclúe iniciativas de diferentes tipoloxías como cultura urbana, artes plásticas, danza, música, literatura, teatro, cine, exposicións... ECG

20 abr 2021 / 00:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.