Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premiado o compositor catalán Ramón
Humet

Certame. O compositor catálán Ramón Humet é o gañador da XIII edición do Premio de Composición Musical Andrés Gaos da Deputación da Coruña coa obra In the Distance da que o xurado destacou a súa “profesionalidade e escritura impecable”.

Un xurado composto por especialistas en composición musical como Hugo Gómez-Chao Porta, Margarida Mariño Suárez, Álvaro Núñez, Carbullanca e Gloria Rodríguez Gil; presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e coa xefa da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria escolleu a obra de Ramón Humet entre as 17 presentadas ao concurso de composición musical convocado pola Deputación da Coruña. O gañador recibirá como premio 6.500 euros ademais da estrea da obra.

O xurado destacou que a obra In the distance “é unha obra vivaz e enérxica que afonda con oficio, imaxinación e risco no tempo metronómico, as pulsacións internas e a modulación das súas velocidades, xerando texturas fluídas e cambiantes, plenas de virtuosismo rítmico, armónico e orquestal”.

A obra está composta por 9 pezas que, segundo apuntan, “son pequenos estudios sobre un material moi concreto; é unha partitura moi profesional cunha escritura impecable”.

Anotan tamén que o autor “coñece perfectamente as posibilidades dos instrumentos e afonda sobre as posibilidades da velocidade e a pulsación, cun gran refinamento tímbrico á hora de crear combinacións instrumentais; traballa o material sonoro someténdoo incesantemente a continuas repeticións e transformacións, xerando momentos formais ricos de imprevisibilidade”. ECG

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.