Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio á TVG da Asociación do Día de Galicia en Asturias

Xaime Arias, director de Proxeccion Social da Corporación, recolleu o galardón nun acto na Cámara de Comercio de Oviedo

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) foi distinguida este venres nos premios anuais da Asociación do Día de Galicia en Asturias, que foron entregados este mediodía en Oviedo, pola súa “traxectoria, profesionalidade informativa e a súa excelente promoción da cultura”.

Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, recolleu o galardón nun acto celebrado na Cámara de Comercio da capital asturiana, no que tamén foron distinguidas nesta edición outras empresas e institucións de Asturias e Galicia, como a empresa Bodegas Gallegas, da Ribeira Sacra, produtora do viño Rectoral de Amandi; o grupo farmacéutico con sede no Porriño Zendal-Biofabri; a Federación Nacional de Asociacións de Empresarios e Traballadores Autónomos (ATA); ou o IMOMA, o Instituto de Medicina Oncolóxica e Molecular de Asturias.

Neste acto anual, a Asociación do Día de Galicia en Asturias quere render homenaxe a aquelas empresas e profesionais que contribúen a “promover a nosa cultura, pola súa traxectoria ou vinculación empresarial con Galicia”. Na súa intervención, o director de Proxección Social da Corporación agradeceu o recoñecemento, en nome de todos os premiados, e salientou a gran relación que une a Galicia a Asturias tanto no eido cultural e social como no económico e empresarial.

“Sempre é bonito recibir recoñocimentos, agora estamos afeitos a recibir recoñocimentos a nivel internacional, como o do Celtic Media ás nosas series pero tamén é fermoso que nunha terra veciña como Asturias, onde viven tantos galegos, estén a valorar o noso traballo”, sinalou o mesmo Xaime Arias logo de recibir este galardón.

ÉXITO DE AUDIENCIA. por outra banda, Televisión de Galicia (TVG) mantén a súa fortaleza logo dun bo mes de agosto. A media da canle foi dun 9,1% de cota de pantalla no conxunto do día e dun 10,9% no prime time, o que a sitúa de novo como a pública máis vista en Galicia.

A media mensual na franxa do prime time da canle pública galega, 10,9%, é a máis alta no que vai de ano, sendo ademais esta a de maior consumo televisivo.

Con respecto á cota acumulada do que vai de ano, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), segundo eses datos de agosto, tamén medra e está por riba dos algarismos de 2020, situándose a cota media da canle a finais de agosto do 2021 no 10%. Por días da semana, destacaron neste mes de agosto as medias dos luns (9,7%), martes (9,9%), xoves (9,6%), venres (9,3%) e sábados (9,4%), segundo sinala a canle pública galega na súa nota de prensa.

Nos horarios da franxa prime time cómpre salientar as cotas acadas os luns (12,2%), martes (11,3%), xoves (11%) e sábados (11,9%), catro días por riba do 11% de cota de pantalla. Dos 25 programas máis vistos en Galicia no mes de agosto, 10 son da TVG (40%). Os informativos da CRTVG volven ser os programas de noticias máis vistos deste ránking, destacando os datos do Galicia Noticias do xoves 26 de agosto, cun 34,9% de audiencia. Dese xeito, a TVG colócase como terceira no total da listase da Forta (Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos cun 7,8% de cota, destacando, unha vez máis, como un dos motores do grupo de canles autonómicas.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

18 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.