Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio da Iniciativa Empresarial do CPEIG para a app ‘Localsafe’

Idea do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, outorgará o galardón na XII Noite da Informática, o vindeiro día 27

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Iniciativa Empresarial da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia á aplicación móbil Localsafe, a primeira App española que permite aos cidadáns buscar establecementos seguros fronte á covid-19.

A gala máis importante da informática en Galicia celebrarase o vindeiro 27 de novembro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago , este ano cun encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia.

Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática. Localsafe foi desenvolta pola empresa galega Amodo Soluciones, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e especializada no desenvolvemento de software. O seu CEO, Diego González, explica que a App axuda ao usuario a localizar de forma “áxil e cómoda” os diferentes establecementos adheridos que se sitúan no seu entorno e identificar a valoración que posúen en aspectos de seguridade sanitaria, como as medidas sanitarias contra a covid-19.

A aplicación está dispoñible en App Store e Play Store. As empresas interesadas poden inscribirse na web www.localsafe.es, onde ata o momento xa hai máis de 17.000 negocios dos sectores do turismo, restauración, comercio, espectáculos, deporte ou saúde.

“A boa acollida débese á necesidade dos establecementos de dar a coñecer os seus esforzos neste ámbito e poder así ofrecer máis seguridade aos seus clientes para volver á actividade normal” , sinala o xerente de Amodo Soluciones, Diego González-.

11 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.