Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan a campaña ‘A Coruña: soña en Atlántico’

AUDIOVISUAL. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, representado polo seu presidente e concelleiro de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e pola súa xerenta, Lanzada Calatayud, presentaron onte a súa nova campaña turística ‘A Coruña: soña en Atlántico’ no pavillón de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur).

O audiovisual, que ten unha duración de case dous minutos, apela ao sentimento de capital do Atlántico da nosa cidade e amosa unha cidade na que se pode gozar ao aire libre, dos museos, da gastronomía ou do océano nunha urbe na que todo xira arredor do seu Atlántico. A este vídeo púxolle voz o grupo de rap coruñés Lora. En palabras de Juan Ignacio Borrego, presidente do Consorcio de Turismo, “cando a cousa estaba moito peor fai un ano, era o son e o olor do Atlántico o que nos daba forzas cada día para seguir adiante”. Ademais, no discurso de presentación de Turismo da Coruña, a sustentabilidade destacou entre os puntos centrais, xa que é unha das apostas do Consorcio que se viu reflectido na recente presentación do Plan de Sustentabilidade Turística ao Ministerio de Industria. ECG

20 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.