Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preto de 300 escolares participan no certame de relato curto de Coca-Cola

Por primeira vez os escolares realizaron as probas de Novos Talentos de xeito dixital

A Coruña. Dous anos pasaron desde que lemos por derradeira vez os seus relatos, afondamos nas súas historias e escoitamos as súas voces altas e claras. Coca-Cola regresou onte coa 12 edición do seu Concurso de Novos Talentos de Relato Curto para ser, co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsora da creatividade e o talento da mocidade galega.

O estudantado de segundo da ESO e os alumnos e alumnas de terceiro que non tiveron ocasión de participar no certame o ano pasado por mor da situación sociosanitaria derivada da COVID-19, gozaron das probas escritas do Concurso de Novos Talentos.

Para facelo posible, Coca-Cola deseñou unha plataforma a través da cal preto dos 300 participantes dos centros galegos puideron conectarse para escribir o seu relato a partir do estímulo escollido para esta edición: a descrición dunha personaxe.

Unha inspiración que foi posible grazas á participación do millar de mozos e mozas que, coa axuda do profesorado, fixeron as súas propostas de creacións colectivas para o certame.

Sen lugar a dúbida, a situación actual supuxo un reto importante para a organización do certame de literatura xuvenil de Galicia, no que preto de 300 alumnos e alumnas participaron na súa última edición. Cal foi a resposta de Coca-Cola fronte ás
dificultades? Dobrar o seu compromiso por crear experiencias inesquecibles para a mocidade desenvolvendo unha plataforma para que as probas escritas puideran ser realizadas en liña.

Ademais, a intención de Coca-Cola de ser voceira da mocidade a través das súas iniciativas foi un paso máis alá nesta 12.ª edición, xa que por vez primeira non foi a propia compañía, co apoio da Xunta de Galicia, quen deseñou o estímulo creativo, senón que a inspiración dos participantes foi posible grazas a un escrito colectivo realizado polos propios mozos e mozas e presentado por cada un dos centros de ensino participantes. redacción

06 mar 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.