Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxecto 100xCiencia tende pontes entre ciencia e sociedade

Os participantes do foro reclaman unha maior inversión na área de investigación universitaria

A quinta edición do foro 100xCiencia comezou onte na cidade compostelana co obxetivo de traballar na divulgación e comunicación da investigación universitaria e a transferencia do conocemento da sociedade, así coma destacar a importancia da colaboración internacional en ciencia como “elemento clave” para afrontar “os retos do futuro”

O congreso, que arrancou onte e clausúrase hoxe, organízao conxuntamente o Instituto Galego de Física de Atlas Enerxías (IGAFE), centro conxunto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, e o SOMMa, os Centros Servicio Ochoa e as Unidades María de Maeztu da Alianza de Excelencia. Tras cancelar a reunión no 2020 por mor da covid, a organización aposta este ano por volver á presencialidade. “A crisis de salud Covid-19, revelou a necesidade e urxencia de que toda a comunidade científica, a industria, os gobernos e a sociedade cooperen na resolución de problemas, particularmente cando afectan á humanidade”, declarou a organización.

Na inauguración que tivo lugar no Edificio Fontán de Gaiás, participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o rector da USC, Antonio López; e a presidenta do SOMMa, María Blasco. “Aquí reúnese unha parte significativa da élite da investigación universitaria española, que pon en valor unha circunstancia da que non somos de todo conscientes: trascendencia no presente e futuro da investigación universitaria”, declarou Rodríguez, que calificouno de “espello” no que mirarse.

O coronavirus foi un dos temas que abordaron os poñentes durante estas xornadas, onde tamén se falou do cambio climático, Cosmos, Salud, Crisis Climática e Cultura Científica . Entre os poñentes convidados interveñen a directora xeral da Organización Europea para a Investigación (CERN), Fabiola Gianotti, ou o matemático, monologuista científco e presentador de Órbita Laika de La2, Eduardo Saénz de Cabezón.

ACTO DE INAUGURACIÓN. O titular da Unversidade recalcou ademáis o compromiso do Goberno autonómico coa investigación universitaria, onde “as tres universidades galegas e a Xunta van da man”, fixo fincapé no novo plan de financiación, “que intenta consolidar e concentrar a forza investigadora nas prinicpais áreas de referencia” ou da rede de centros de investigación que abordará “aspectos básicos do presente e futuro”, como son a mediciña nuclear ou a IA.

A presidenta do SOMMa, María Blasco, recalcou o valor da investigación nos centros de excelencia “que nacen coma unha alianza para ter voz na sociedade”.

A súa presenza é un estímulo, estas acción permítenos aprender podendo chegar mási lonxe”, comentou o conselleiro no seu discurso.

26 nov 2021 / 18:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.