Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reapertura ó público do Etnográfico Olimpio Liste, “unha auténtica xoia”

O apoio da Deputación e a xenerosidade da familia Lista fai posible que abra as portas

San Cristovo de Cea. A Deputación de Ourense posibilitará a reapertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste, logo de que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, asinara onte en Oseira un convenio de colaboración co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e coa propietaria deste complexo museístico, Araceli Mercedes Liste Fernández, para volver a abrilo ao público.

Manuel Baltar agradeceu a xenerosidade da familia Liste Fernández e sinalou que hoxe é “un día para presumir, porque bota a andar de novo unha marabillosa iniciativa que ten moito que ver coa nosa alma de pobo e coa nosa identidade”.

O presidente provincial remarcou a responsabilidade da Deputación no futuro do Museo Olimpio Liste: “Como goberno provincial, temos a obriga de darlle toda a difusión posible, coidalo e mimalo, e que sexa coñecido para todos os que senten esa paixón por Ourense”.

O presidente da Deputación de Ourense aplaude a recuperación deste espazo, “patrimonio da humanidade e unha cita inesquecible da nosa provincia”. “Ao reabrir este museo estamos a facer unha homenaxe non só aos creadores desta marabilla, senón a todos aqueles que senten esa identidade enraizada co noso e coa terra, e este ambiente serve especialmente para vivilo”, destacou Manuel Baltar, que incidiu en como a Deputación de Ourense “tiña que comprometerse a abrilo, mantelo vivo no futuro e a darlle todo o pulo necesario porque, sen dúbida, estamos ante unha auténtica xoia”.

impulso turístico . Pola súa parte, o alcalde de San Cristovo de Cea dixo que hoxe era “un día especial” para o municipio porque este convenio asinado a tres bandas “redunda nun beneficio para Cea, para a comarca do Carballiño, e incluso para a provincia de Ourense e de máis alá de Galicia, porque é o museo etnográfico número un da nosa comunidade autónoma”.

Olimpio Liste e a súa dona estarían, segundo Valladares, “sumamente orgullosos de que a súa filla se preocupe e se ocupe de que este museo continúe para adiante”. O rexedor comprometeuse coa propietaria a que tanto o Concello como a Deputación van a “fomentar, ampliar e promover este espazo museístico que é un orgullo para Cea e para Galicia enteira”.

Así mesmo, José Luis Valladares agradeceu ao presidente do goberno provincial a súa disposición e implicación para volver a abrir as portas deste Museo.

Araceli Mercedes Liste manifestou a súa felicidade por “reimpulsar a actividade do museo etnográfico Olimpio Liste, actividade interrompida durante nove longos anos, e que tralo falecemento dos meus pais parecía imposible reanudar”.

A propietaria explica que seus pais “dedicaron boa parte da súa vida e do seu patrimonio a crear e facer crecer este museo,inaugurado no ano 1972, coa presenza de Olga Gallego Domínguez, Xaquín Lorenzo Fernández Xocas, e Xesús Ferro Couselo”. E agradeceu ao alcalde e a Baltar a súa determinación para facer realidade que o museo reabra ao público outorgándolle “unha nova vida”. ecg

11 feb 2022 / 18:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.