Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reivindicación da tan necesaria lectura que se pode compartir

Villamuza adianta na imaxe da capa a protección do pai cara ao fillo, ilustrada coa ampla aperta que enmarca o íntimo e tenro espazo compartido por pai e fillo ao redor dun libro. Esta sintonía e unidade esténdense á vestimenta das mesmas cores e á expresión cómplice nas súas faces case idénticas en trazos e xestos.

A palabra oral e escrita, a cor verde da natureza, o valor do obxecto libro, o amor paternal, a lectura no momento final do día e a cama como espazo lector son chaves desta historia sensitiva, evocadora e cómplice.

O neno precisa da presenza do pai á hora de durmir para enfrontar a escuridade e conciliar o sono. Ao sabelo próximo, reláxase co conto que seu pai reelabora cada noite para demostrarlle que sempre están unidos, pese ao paso do tempo (desde o ventre do canguro ata o momento presente).

Aliaga fai unha chiscadela á transmisión oral, coa recoñecible fórmula inicial “Había unha vez...” e a enumeración de parellas de animais, salvaxes e da contorna próxima, dotados de gran significado connotativo. Estes animais son exemplos de parellas que comparten tempo e que atesouran vivencias en mutua compañía.

As elipses textuais e as imaxes centradas nos personaxes posibilitan que o mediador imaxine e reescriba cada día novos contos e que conte cunha mostra irrefutable para amosar o poder da lectura compartida desde a infancia.

margramanet2004@yahoo.es

16 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.