Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rosa López e o Grupo Álkar, protagonistas en ‘Bamboleo’

Xosé Manuel Piñeiro presenta este espazo semanal de sona na ghrella da TVG onde misturan a boa música coas entrevistas

Bamboleo, o programa de entretemento familiar que se emite os sábados pola noite en TVG, acode á sua cita habitual con Xosé Manuel Piñeiro como presentador. Esta noite recibirá a visita dunha das mellores voces de España, unha muller que conquista o público coa súa simpatía: Rosa López.

A cantante granadina participará dunha divertida noite e cantará dúas versións dos clásicos ¿A quién le importa? e Yo no soy esa.

Un ano despois da súa creación, o dúo compostelán Verto arrasa nas redes e celébrao coa publicación do seu primeiro disco: Puro Ocio. Esta noite Berto e Fer interpretarán no Bamboleo o seu tema Pegadiño a ti.

A música da formación cambadesa Grupo Álkar converterá o plató nunha auténtica verbena galega coas súas melodías. Na sección Dirtidansi, Antoni e Melanie, campións do mundo de bachata, ofrecerán unha exhibición memorable, “con incribles xiros e acrobacias”, sinala a nota de prensa. No Agora ou Nunca dous talentos da canción, Fanny Méndez e Santi Castro, subirán ao escenario para cantar diante das cámaras as cancións Hello de Adele e Hoy tengo ganas de ti de Alejandro Fernández.

Dous clubs deportivos serán os portagonistas da Jrileira, o Club Valeixe de fútbol sala da Cañiza e o Club de Béisbol Os Tilos. Tocaralles cantar Sarandoga de Lolita e acertar cantantes.

Ao longo do programa, as sección dos colaboradores: Tamara e Claudio e os contos do gran Isi. Ademais, seguro que volven intervir na ITV Do Amor, na que Mery e a súa parella intentarán despistar a un participante do público para gañar o premio en xogo.

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, A Revista Fin de Semana comeza este sábado o seu tempo na TVG falando de música con Martín Esturao, líder da banda de rock&roll Mad Martin Trío, quen falará dos seus proxectos artísticos e súa intensa actividade que está levando a cabo ao ofrecer concertos nas redes durante a pandemia.

E conversarán tamén con Elena Sobrino, directora da Aula Hospitalaria do Hospital Clínico Universitario de Santiago, sobre o traballo que desenvolven nesta Aula Hospitalaria e o proceso de adaptación que tiveron que levar a cabo nas actividades cos nenos con motivo da Covid-19.

08 ago 2020 / 08:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.