Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rozalén visita o escenario do Luar co seu novo disco, ‘Matriz’

Tamén participarán no programa Coyote Dax, Pandereteiras Queixumes dos Pinos e Los Extraordinarios Team, entre outros

O programa Luar contará hoxe coa presenza de Rozalén, unha das principais voces da nova canción de autor. Con catro traballo publicados, a artista manchega cativou público e crítica a partes iguais e no seu haber acumula distincións tan importantes como catro discos de ouro, dous de Platino, un Goya e tras candidaturas as Grammy latinos. En Matriz, o seu novo disco, que inclúe cancións en galego, éuscaro, catalán e asturiano, busca amosar o seu respecto e agradecemento polo folclore español.

O espazo da TVG tamén recibirá a visita dun artista venezolano que saltou á fama mundialmente co tema No rompas más e a coreografía coa que encheu as pistas de baile de todo o mundo: Coyote Dax. O cantante acaba de iniciar nova etapa musical cun tema que hoxe presentará no escenario de Luar e que se titula El Coyote ya llegó. A maiores do seu éxito mundial, o artista interpretará novidades e outros éxitos.

Ademais, esta noite estará no escenario Los Extraordinarios Team, unha nova formación que pretende demostrar que as verbenas tamén son para o inverno. Entre os seus integrantes están cantantes de orquestra como Laura Añón, Ángel Sevilla, Rocío Varela, Ángel Hasewaga e Diego Moreira.

No capítulo da música tradicional, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández, ofrecerá as actuacións das Pandereteiras Queixumes dos Pinos e da formación granadina Coros y Danzas de Huéscar.

Finalmente, no tempo de ‘Recantos’, chegará este venres a quenda de Patricia Lagarellos, procedente de Portugal Norte, e de Arián, representante da comarca de Bergantiños.

‘A Revista’ conta hoxe no estudio con Rafael López, xefe de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), para conversar sobre os últimos achados na loita contra o cancro. Dunha banda, o grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que el mesmo lidera, acaba de patentar un marcador que capaz de prever o avance do cancro de mama cunha simple análise de sangue, o que mellorará a abordaxe terapéutica da enfermidade. Doutra, a farmacéutica estadounidense Moderna anunciou resultados prometedores en probas preliminares da súa vacina para a doenza.

O magazine da Televisión de Galicia tamén analizará con Victor Muñoz Meilán, presidente de Facua en Galicia, una sentenza que condena un restaurante de Almería a devolver sete euros a uns comensais aos que non advertiu na carta do prezo do pan.

O presentador de Deportes da TVG Carlos Macía analizará as mellores imaxes do Mundial de fútbol e o colaborador e experto en animais Octavio Villazala falará dos aspectos negativos de optar por un can como regalo de Nadal. Na mesma liña, o programa falará dun restaurante vigués que ofrece tapas para cans.

Outro dos temas dos que se ocupará hoxe o espazo diario é o das trabas á obtención de licenzas para pisos turísticos e das multas derivadas, segundo denuncian algúns propietarios.

O programa ‘Zigzag’ recibe a Guadi Galego, unha das artistas máis destacadas da música galega, que hoxe presenta o seu novo traballo, Roibén, un disco único, diferente e experimental, que nace da colaboración e experimentación da cantante con outra icona da nosa música: Iván Ferreiro.

16 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.