Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sánchez Izquierdo garante o investimento no audiovisual

O director xeral da CRTVG remarcou que os medios públicos galegos presentan situación de superávit nos últimos dez anos

O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, compareceu onte na Comisión de Control da CRTVG do Parlamento de Galicia para presentar as Contas Anuais da Corporación correspondentes a 2019, nunha sesión atrasada por mor da pandemia e do calendario do Parlamento de Galicia.

Entre os datos achegados por Sánchez Izquierdo atópase o feito de que Corporación de Radio e Televisión de Galicia pechou o ano pasado cun resultado positivo de máis de 1.600.000 euros, e cunha grande estabilidade laboral.

No eido dos recursos humanos da CRTVG, o que conta cun maior orzamento en gastos, lembrou o director xeral que “o gasto de persoal no 2019 acadou un valor de 50,1 millóns de euros. Este comportamento supón un incremento en termos porcentuais dun 2,6 respecto 2018”.

O director xeral salientou que nos últimos dez anos, entre 2009 e 2019, as contas da Corporación presentaron sempre superávit, o que permitiu sanear xa 34,9 millóns de euros nestes 10 anos.

E a día de hoxe, e desde 2013, mantense a situación sostida de ausencia de débeda bancaria. E mencionou tamén que 2019 pechou cuns datos de audiencia récord para a Radio Galega, cunha cota acumulada de 174.000 oíntes das súas canles, o mellor dato desde o 2014, e que os informativos da TVG, que ocupan a segunda posición en termos de audiencia na rede de Forta (Federación de Organismos o Entidades de Radio y Televisión Autonómicos es), son informativos líderes nas dúas franxas máis importantes do día, as de mediodía e do serán. Arredor dos investimentos no sector audiovisual galego (35,9 millóns de euros no apartado de Compras), durante o 2019 mantívose na TVG o equilibrio entre a produción propia e a propia externa (sumaron o 96% do total da emisión), o que supón un 96% de produto esencialmente galego, xerado cos medios propios da CRTVG ou delegado no sector audiovisual galego.

De feito, a Televisión de Galicia é a autonómica que fai máis investimento en contidos audiovisuais, como reflectiu este ano o informe anual da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, feito público o pasado mes de maio. Nesta liña e sobre este sector, que foi obxecto de axudas extraordinarias por parte dos medios galegos durante os pasados meses pola crise xerada pola pandemia, aclarou que “de cara a 2021 o que lles podo dicir é que, ante o incerto escenario económico que vivimos, a xestión en equilibrio orzamentario da CRTVG durante todos estes anos permite afrontar cunhas mínimas garantías o curto prazo, de forma que poidamos manter un nivel alto de investimento no sector audiovisual como fixemos ata o de agora, mantendo o equilibrio entre a produción propia e a propia externa. Cremos que ese equilibrio e este apoio é necesario máis se cabe nestes momentos de incerteza grave para o sector audiovisual de Galicia”, sinalou.

20 nov 2020 / 23:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.